video2.skills-academy.com: Termos de uso
Os seguintes Termos de uso («TDU») aplícanse ao seu uso do sitio web de Microsoft Learn (https://video2.skills-academy.com), do perfil de Microsoft Learn e de calquera servizo asociado. Microsoft reserva o dereito de actualizar os TDU en calquera momento sen notificarllo. A versión máis actual dos TDU pose revisarse premendo na ligazón de hipertexto «Termos de uso» situada na parte inferior das nosas páxinas web.
A través do sitio web de Microsoft Learn, do perfil de Microsoft Learn e dos servizos asociados, Microsoft proporciónalle acceso a diversos recursos, como titoriais de formación interactivos, documentación, vídeos, ferramentas para programadores, áreas de descarga, foros de comunicación e información sobre produtos (en conxunto, os «Servizos»). Os Servizos, incluídas actualizacións, melloras, novas funcións ou a adición de calquera nova propiedade web, están suxeitos aos TDU.
A menos que se especifique o contrario, os Servizos son para o seu uso persoal e non comercial. Non pode modificar, copiar, distribuír, transmitir, mostrar publicamente, facer funcionar, reproducir, publicar, licenciar, crear obras derivadas, transferir ou vender ningunha información, software, produtos ou servizos obtidos a partir dos Servizos (excepto para o seu propio uso persoal e non comercial) sen o consentimento previo por escrito de Microsoft. Pola súa propia seguridade, non publique información confidencial, como contrasinais, datas de nacemento, números da Seguridade Social, números de pasaporte, información de tarxetas de crédito ou información financeira.
A súa privacidade é importante para nós. Lea a Declaración de privacidade de Microsoft (a «Declaración de privacidade»), dado que describe os tipos de datos que recompilamos de vostede e dos seus dispositivos, como usamos os datos e as bases legais que temos para tratar eses datos. A Declaración de privacidade tamén describe como Microsoft emprega os Envíos (tal e como se definen aquí), os comentarios, as cualificacións ou revisións dos Servizos, as comunicacións, os ficheiros, as fotos, os documentos, o audio, as obras dixitais, as transmisións en directo, os vídeos e calquera outro contido que cargue, almacene, transmita ou comparta a través dos Servizos (en conxunto, o «Seu contido»). Cando o tratamento estea baseado no consentimento e na medida permitida pola lei, ao aceptar estes Termos, consinte a recompilación, o uso e a divulgación do Seu contido e os seus datos por parte de Microsoft, tal e como se describe na Declaración de privacidade. Nalgúns casos, proporcionaremos un aviso por separado e solicitarémoslle o seu consentimento tal e como se referencia na Declaración de privacidade.
Contido e información pública do usuario: a información de usuario que nos proporcione (incluído o nome de usuario, o nome para mostrar, a imaxe do avatar, a biografía, o cargo, a organización, a súa actividade no sitio web de Microsoft Learn e os logros de usuario) poden visualizala outras persoas. Para empregar o perfil de Microsoft Learn, só se lle require que forneza o nome de usuario e o nome para mostrar. Todos os demais campos son opcionais. Pode actualizar o seu nome de usuario e o nome para mostrar en calquera momento. Microsoft tamén pode recompilar e amosar publicamente a data na que rexistrou o seu perfil de Microsoft Learn e a súa afiliación con Microsoft.
Calquera Contido que faga público tamén poden visualizalo outras persoas. É posible que poida borrar certos tipos de Contido despois de publicado, pero non todos eles se poden borrar unha vez se fan públicos.
Calquera software que se faga accesible para descarga a través dos Servizos («Software») é unha obra protexida por dereitos de autor de Microsoft ou os seus provedores. O uso do Software réxese polos termos do Contrato de licenza do usuario final, de existir, que acompaña ao Software ou está incluído nel («Contrato de licenza»). O usuario final non poderá instalar ningún Software que vaia acompañado ou inclúa un Contrato de licenza, a menos que acepte primeiro os termos dese contrato. Os scripts ou o código de terceiros vinculados ou mencionados neste sitio web contan con licenza de terceiros que teñen a propiedade dese código, non de Microsoft.
O Software está dispoñible para descarga só para o uso por parte de usuarios finais, en virtude do Contrato de licenza. Calquera reprodución ou redistribución do Software que non se realice de conformidade co Contrato de licenza está expresamente prohibida por lei e pode dar lugar a sancións civís e penais graves. Os infractores serán procesados na máxima medida posible.
SEN LIMITACIÓN DO ANTERIOR, ESTÁ EXPRESAMENTE PROHIBIDO COPIAR OU REPRODUCIR O SOFTWARE EN CALQUERA SERVIDOR OU LOCALIZACIÓN PARA A SÚA REPRODUCIÓN, A MENOS QUE A COPIA OU REPRODUCIÓN ESTEA EXPRESAMENTE PERMITIDA POLO CONTRATO DE LICENZA QUE ACOMPAÑA AO DEVANDITO SOFTWARE.
O SOFTWARE SÓ CONTA CON GARANTÍA, DE HABELA, EN RELACIÓN COS TERMOS DO CONTRATO DE LICENZA. EXCEPTO SE SE GARANTE NO CONTRATO DE LICENZA, MICROSOFT CORPORATION RENUNCIA POLA PRESENTE A TODAS AS GARANTÍAS E CONDICIÓNS RESPECTO AO SOFTWARE, INCLUÍDAS TODAS AS GARANTÍAS E CONDICIÓNS DE COMERCIABILIDADE, BEN SEXAN EXPRESAS, IMPLÍCITAS OU LEGAIS, AS GARANTÍAS DE ADECUACIÓN A UN PROPÓSITO ESPECÍFICO, DE TÍTULO E DE NON VULNERACIÓN. PARA A SÚA CONVENIENCIA, É POSIBLE QUE MICROSOFT FAGA ACCESIBLES, COMO PARTE DOS SERVIZOS OU NOS SEUS PRODUTOS DE SOFTWARE, FERRAMENTAS E UTILIDADES PARA EMPREGAR OU DESCARGAR. MICROSOFT NON OUTORGA NINGUNHA GARANTÍA RESPECTO Á EXACTITUDE DOS RESULTADOS OU AO RENDIMENTO DERIVADO DO USO DE CALQUERA FERRAMENTA OU UTILIDADE. RESPECTE OS DEREITOS DE PROPIEDADE INTELECTUAL DOUTRAS PERSOAS CANDO EMPREGUE AS FERRAMENTAS OU UTILIDADES DISPOÑIBLES NOS SERVIZOS OU NOS PRODUTOS DE SOFTWARE DE MICROSOFT.
LENDA DE DEREITOS RESTRINXIDOS. Calquera Software que se descargue a través dos Servizos para ou en nome dos Estados Unidos de América, as súas axencias ou organismos (o «Goberno dos EE. UU.») conta con Dereitos restrinxidos. O uso, a duplicación ou a divulgación por parte do Goberno dos EE. UU. están suxeitos a restricións, tal e como se establece no subapartado (c)(1)(ii) da cláusula de Dereitos sobre datos técnicos e software informático en DFARS 252.227-7013 ou nos subapartados (c)(1) e (2) dos Dereitos restrinxidos sobre software informático comercial en 48 CFR 52.227-19, segundo proceda. O fabricante é Microsoft Corporation, One Microsoft Way, Redmond, WA 98052-6399.
Pode que certa documentación estea suxeita a termos de licenza explícitos independentes dos termos aquí contidos. En caso de que os termos entren en conflito, prevalecerán os explícitos. Outórgase permiso para empregar Documentos (como informes técnicos, comunicados de prensa, follas de datos e preguntas e respostas) relacionados cos Servizos, sempre e cando (1) o aviso de dereitos de autor que figura máis abaixo apareza en todas as copias e que consten tanto o devandito aviso como esta notificación de permiso; (2) que o uso dos Documentos relacionados cos Servizos sexa só informativo e non comercial ou persoal e que non se copie nin publique en ningún ordenador nin se retransmita en ningún medio; e que (3) non se realice ningunha modificación dos Documentos. As institucións educativas acreditadas, como centros de educación primaria e secundaria, universidades e escolas públicas ou privadas, poden descargar e reproducir os Documentos para distribuílos nas aulas. Para a distribución fóra das aulas, requírese permiso expreso por escrito. O uso para calquera outro propósito está expresamente prohibido por lei e pode dar lugar a sancións civís e penais graves. Os infractores serán procesados na máxima medida posible.
Os Documentos especificados máis arriba non inclúen o deseño ou formato do sitio web Microsoft.com nin de ningún outro sitio posuído, operado, autorizado ou controlado por Microsoft. Os elementos dos sitios web de Microsoft están protexidos por leis de imaxe empresarial, marca comercial, competencia desleal e outras, e non poden copiarse nin imitarse total nin parcialmente. Non pode copiarse nin retransmitirse ningún logo, gráfico, son ou imaxe de ningún sitio web de Microsoft, a menos que Microsoft o permita expresamente.
MICROSOFT E OS SEUS RESPECTIVOS PROVEDORES NON FAN NINGUNHA DECLARACIÓN RESPECTO Á IDONEIDADE DOS SERVIZOS NIN Á IDONEIDADE DA INFORMACIÓN CONTIDA NOS DOCUMENTOS E NOS GRÁFICOS RELACIONADOS PUBLICADOS COMO PARTE DOS SERVIZOS PARA NINGÚN FIN. TODOS OS SERVIZOS, DOCUMENTOS E GRÁFICOS RELACIONADOS FORNÉCENSE «TAL CAL» E SEN GARANTÍAS DE NINGÚN TIPO. MICROSOFT E OS SEUS RESPECTIVOS PROVEDORES RENUNCIAN POLA PRESENTE A TODAS AS GARANTÍAS E CONDICIÓNS RESPECTO AOS SERVIZOS, A INFORMACIÓN E OS GRÁFICOS RELACIONADOS, INCLUÍDAS TODAS AS GARANTÍAS E CONDICIÓNS DE COMERCIABILIDADE, BEN SEXAN EXPRESAS, IMPLÍCITAS OU LEGAIS, AS GARANTÍAS DE ADECUACIÓN A UN PROPÓSITO ESPECÍFICO, DE TÍTULO E DE NON VULNERACIÓN. MICROSOFT E OS SEUS RESPECTIVOS PROVEDORES NON SERÁN EN NINGÚN CASO RESPONSABLES DE DANOS ESPECIAIS, INDIRECTOS OU CONSECUENTES DERIVADOS DE PERDA DE USO, DATOS OU BENEFICIOS, XA SEXA POR ACCIÓN CONTRACTUAL, NEGLIXENCIA OU OUTRO ACTO ILÍCITO, RESULTANTES OU RELACIONADOS COS SERVIZOS, INCLUÍDO O USO OU A EXECUCIÓN DE INFORMACIÓN DISPOÑIBLE A TRAVÉS DOS SERVIZOS.
OS DOCUMENTOS E GRÁFICOS RELACIONADOS PUBLICADOS NOS SERVIZOS PODERÍAN INCLUÍR INEXACTITUDES TÉCNICAS OU ERROS TIPOGRÁFICOS. ENGÁDENSE CAMBIOS PERIODICAMENTE Á INFORMACIÓN DESTE DOCUMENTO. MICROSOFT E OS SEUS RESPECTIVOS PROVEDORES PODEN REALIZAR MELLORAS OU CAMBIOS NO(S) PRODUTO(S) OU NO(S) PROGRAMA(S) AQUÍ DESCRITO(S) EN CALQUERA MOMENTO.
MICROSOFT E OS SEUS RESPECTIVOS PROVEDORES NON SERÁN EN NINGÚN CASO RESPONSABLES DE DANOS ESPECIAIS, INDIRECTOS OU CONSECUENTES DERIVADOS DE PERDA DE USO, DATOS OU BENEFICIOS, XA SEXA POR ACCIÓN CONTRACTUAL, NEGLIXENCIA OU OUTRO ACTO ILÍCITO, RESULTANTES OU RELACIONADOS COS SERVIZOS, INCLUÍDO O USO OU A EXECUCIÓN DE INFORMACIÓN DISPOÑIBLE A TRAVÉS DOS SERVIZOS, O SOFTWARE, OS DOCUMENTOS, A PRESTACIÓN OU FALTA DE PRESTACIÓN DOS SERVIZOS OU A INFORMACIÓN DISPOÑIBLE A TRAVÉS DESTES.
Pode que necesite unha conta de Microsoft, de Azure Active Directory ou de perfil de Microsoft Learn para acceder a certos Servizos.
Conta de Microsoft. A súa conta de Microsoft permítelle iniciar sesión en produtos, sitios web e servizos proporcionados por Microsoft e certos socios de Microsoft. Pode crear unha conta de Microsoft ao rexistrarse en liña. As contas de Microsoft están suxeitas ao Contrato de servizos de Microsoft.
Conta de Azure Active Directory. É posible que teña unha conta con Microsoft a través dunha organización á que pertenza. Contacte co administrador da súa organización para obter información sobre esta conta.
Conta de perfil de Microsoft Learn. A conta de perfil de Microsoft Learn permítelle iniciar sesión no sitio web de Microsoft Learn e usar os servizos asociados, como acceder de xeito gratuíto a recursos de formación, desbloquear logros, cualificar, comentar, publicar contido e empregar outros servizos interactivos. Pode crear unha conta de perfil de Microsoft Learn xerando un nome de usuario no perfil de Microsoft Learn despois de iniciar sesión cunha conta de Microsoft ou de Azure Active Directory.
Acepta non empregar información falsa, inexacta nin enganosa ao rexistrar a súa conta de perfil de Microsoft Learn. Vostede é o único responsable de manter a confidencialidade do seu contrasinal e da súa conta. Así mesmo, é o único responsable de todas as actividades que teñan lugar na súa conta. Acepta notificar de inmediato a Microsoft calquera uso non autorizado da súa conta ou calquera outra infracción de seguridade. Microsoft non será responsable de ningunha perda na que vostede incorra se outra persoa emprega o seu contrasinal ou a súa conta, xa sexa co seu coñecemento ou sen el. Sen embargo, vostede podería ser responsable das perdas nas que incorra Microsoft ou calquera outra parte se alguén máis utiliza a súa conta ou o seu contrasinal. Non pode usar a conta doutra persoa en ningún momento sen o permiso do titular da devandita conta.
Se crea unha conta de perfil de Microsoft Learn en nome dunha entidade como, por exemplo, a súa empresa ou xefe, vostede manifesta que ten a autoridade legal para vincular dita entidade ós presentes Termos de uso. Non pode transferir as credenciais da súa conta de perfil de Microsoft Learn a outro usuario ou outra entidade. Para protexer a súa conta, manteña confidencial a información relativa a esta. Vostede é o responsable de calquera actividade que ocorra na súa conta de perfil de Microsoft Learn.
Pode pechar a súa conta de perfil de Microsoft Learn nos axustes da mesma.
Como condición do seu uso dos Servizos, non poderá empregalos para ningún fin que sexa ilegal ou estea prohibido por estes termos, condicións e avisos. Vostede non pode utilizar os Servizos de ningunha forma que puidera danar, desactivar, sobrecargar ou deteriorar algún servidor de Microsoft (así como as redes conectadas a este) nin interferir co uso e goce por parte de terceiros de calquera dos Servizos. Non pode intentar obter acceso non autorizado a ningún Servizo, a outras contas, a sistemas informáticos nin a redes conectadas a ningún servidor de Microsoft nin a ningún dos Servizos mediante piratería informática, extracción de contrasinais ou outros medios. Non pode obter nin intentar obter materiais ou información a través de ningún medio que non se facilite intencionalmente mediante os Servizos.
Para garantir a seguridade dixital en relación con como interactúan os usuarios uns cos outros respecto ao seu contido e á súa conduta, os Servizos teñen regras sobre que tipo de contido e conduta non están permitidos. Eliminarase o contido prohibido. Pode suspenderse ou eliminarse a súa conta dos Servizos se publica contido prexudicial.
Non permitimos contido nin condutas que se dirixan a unha persoa ou un grupo con comportamento abusivo. Isto inclúe calquera acción que:
- Amedrente, intimide ou ameace a outros.
- Faga dano á xente insultándoa ou menosprezándoa.
- Supoña un contacto ou unha interacción non desexados, especialmente cando o contacto faga que outras persoas teñan medo de lesións.
Non permitimos a explotación, o dano ou a ameaza de dano a menores nos Servizos. O abuso ou explotación sexual infantil é calquera contido ou actividade que dane ou ameace con danar a un menor mediante explotación, tráfico, extorsión ou posta en perigo. Isto inclúe compartir medios visuais que conteñan contido sexual que involucre ou sexualice a un menor. O abuso ou explotación sexual infantil tamén inclúe o grooming, que é unha interacción inadecuada con menores para contactar, enviar mensaxes privadas ou falar con eles coa fin de pedirlles ou ofrecerlles sexo ou contido sexual, compartir contido sexualmente suxestivo e planear verse con eles para ter encontros sexuais. Un menor é calquera persoa de menos de 18 años ou que non acadou a maioría de idade en virtude da lexislación vixente.
Borraremos automaticamente a conta de Microsoft Learn de calquera usuario que publique contido de abuso ou explotación sexual infantil.
Os Servizos nunca deberán empregarse para facer dano a ninguén, incluído colaborar con outras persoas para causar danos físicos. Cooperar ou facer plans específicos con outras persoas coa finalidade compartida de causarlle danos físicos a alguén non está permitido.
O contido violento real pode resultar perturbador, ofensivo ou mesmo traumático para os usuarios.
Non permitimos ningún contido visual que promova a violencia real ou o gore.
Isto pode incluír imaxes ou vídeos que amosen:
- Accións reais que causen danos físicos graves ou a morte dunha persoa ou un grupo.
- Violencia doméstica contra unha persoa ou xente real.
- Consecuencias graves ou trauma físico, como órganos internos ou tecidos, restos queimados dunha persoa, membros amputados ou decapitación.
Non permitimos contido ofensivo que ataque, insulte ou degrade a alguén por determinada particularidade, como raza, etnia, xénero, identidade de xénero, orientación sexual, relixión, nacionalidade, idade, discapacidade ou casta.
A incitación ao odio inclúe:
- Promover estereotipos prexudiciais sobre as persoas por causa dunha particularidade determinada.
- Declaracións deshumanizantes, como comparar a alguén cun animal ou con outro ser non humano por causa dunha particularidade determinada.
- Fomentar ou apoiar a violencia contra alguén por causa dunha particularidade determinada.
- Pedir a segregación, a exclusión ou a intimidación de alguén por causa dunha particularidade determinada.
- Símbolos, logotipos ou outras imaxes que estean recoñecidos por transmitir odio ou superioridade racial.
Non permitimos que se compartan imaxes sexualmente íntimas de alguén sen o seu permiso, o que tamén se coñece como imaxes íntimas non consentidas. Non permitimos que estas imaxes se distribúan nos nosos servizos nin tampouco permitimos ningún contido que eloxie, apoie ou solicite este tipo de imaxes.
En xeral, consideramos que un vídeo ou unha imaxe ten este carácter se presenta as seguintes características:
- Realizouse en privado, non nun ambiente profesional.
- Amosa actividade sexual, nudez ou unha parte do corpo sexualizada.
- A persoa que se amosa na imaxe non accedeu á creación da mesma ou a compartila.
Así mesmo, Microsoft non permite ningunha ameaza de compartir imaxes íntimas non consentidas, o que tamén se coñece como extorsión íntima. Isto inclúe ameazar a unha persoa ou pedirlle diñeiro, imaxes ou outras cousas de valor a cambio de non publicar as imaxes íntimas non consentidas.
Non permitimos que a xente empregue os seus produtos e servizos para pedir ou ofrecer sexo, servizos sexuais ou contido sexual a cambio de diñeiro ou doutra cousa de valor.
Esforzámonos por eliminar calquera contido sobre suicidio e autolesións que poida resultar perigoso. Tamén somos conscientes de que é posible que a xente empregue os nosos servizos para falar de saúde mental, compartir as súas historias ou unirse a grupos de persoas afectadas polo suicidio e as autolesións.
Isto inclúe o seguinte (a título enunciativo):
- Corroborar formas xerais nas que alguén pode acabar coa súa vida, como cunha arma de fogo, aforcándose ou por sobredose.
- Animar a alguén a quitarse a vida.
- Amosar imaxes de suicidios ou intentos de suicidio.
- Eloxiar a aqueles que morreron mediante suicidio por quitarse a vida.
O contido de autolesións demostra, eloxia ou inspira a causar danos físicos a un mesmo, incluído mediante cortes, queimaduras ou laceracións. Tamén inclúe contido que anime ou instrúa sobre desordes alimenticios ou comer excesiva ou insuficientemente de xeito sistemático.
Non permitimos contido que eloxie ou apoie a terroristas ou extremistas violentos, axude a recrutalos ou fomente ou facilite as súas actividades. Recorremos á Lista Consolidada do Consello de Seguridade das Nacións Unidas para identificar terroristas ou grupos terroristas. Entre os extremistas violentos inclúense as persoas que adoptan unha ideoloxía de violencia ou odio violento contra outro grupo.
Eliminaremos a conta de Microsoft Learn de calquera usuario que publique contido sobre terrorismo e extremismo violento.
Non permitimos ningún contido que perpetre o tráfico humano. O tráfico ten lugar cando alguén explota a outra persoa para beneficio persoal privándoa dos seus dereitos humanos.
O tráfico adoita constar de tres partes:
- O acto de recorrer, mover, trasladar, pagar por xente ou secuestrala.
- O uso ou a ameaza de usar a forza, mentiras, enganos ou coerción para realizar estas actividades.
- As actividades fanse por diñeiro, status ou outro tipo de beneficio.
O tráfico inclúe obrigar á xente a traballar, casar, participar en actividades sexuais ou someterse a tratamentos médicos ou operacións sen o seu consentimento, e non está limitado a ningunha idade nin orixe.
Non permitimos contido que fomente a violencia contra outras persoas a través de ameazas ou incitación á violencia.
As ameazas de violencia son palabras que amosan unha intención específica de causarlle danos físicos graves a alguén.
O incitación é material que fomenta, insta ou é probable que cause danos físicos graves a unha persoa ou un grupo.
Tampouco permitimos a glorificación da violencia a través de contido que eloxie ou apoie actos reais de violencia que causen danos físicos graves a persoas ou grupos, incluída a violencia cometida no pasado.
Non permitimos o uso dos Servizos para xerar ou compartir contido ou material inapropiado (que implique, por exemplo, nudez, zoofilia, pornografía, linguaxe ofensiva, violencia gráfica, autolesións ou actividade delitiva).
Non permitimos palabras malsoantes nin outra linguaxe despectiva.
Non permitimos correo non desexado nin publicacións relacionados con phishing ou coa creación ou distribución de software malicioso.
O correo non desexado é correo en masa, publicacións, solicitudes de contacto, SMS (mensaxes de texto), mensaxes instantáneas ou comunicacións electrónicas non solicitados.
O phishing consiste en enviar correos electrónicos ou outras comunicacións electrónicas para inducir aos destinatarios de maneira fraudulenta ou ilegal a revelar información persoal ou confidencial para obter acceso a contas ou rexistros, exfiltración de documentos ou outra información comprometida relativa a pagamentos e beneficios financeiros.
O software malicioso inclúe calquera actividade deseñada para causar danos técnicos, como enviar executables maliciosos, organizar ataques de denegación de servizo ou xestionar servidores de comando e control.
Non permitimos actividades fraudulentas, falsas ou enganosas (por exemplo, solicitar diñeiro baixo falsos pretextos, facerse pasar por alguén, difamar, manipular os Servizos para aumentar o reconto de xogos ou afectar as clasificacións, valoracións ou comentarios).
Os Servizos poden conter servizos de correo electrónico, servizos de taboleiro de anuncios, áreas de chat, grupos de noticias, foros, comunidades, páxinas web persoais, calendarios, álbums de fotos, cartafoles de ficheiros ou outros recursos de comunicación deseñados para permitirlle comunicarse con outras persoas. Acepta empregar os Servizos só para publicar, enviar e recibir mensaxes e material que sexan apropiados e, cando proceda, estean relacionados co Servizo en particular. A modo de exemplo e a título enunciativo, acepta que, cando use os Servizos:
- Non o fará en relación con enquisas, concursos, sistemas piramidais, cadeas de mensaxes, correo lixo, correo non desexado ou mensaxes repetitivas ou non solicitadas (sexan comerciais ou doutro tipo).
- Non cargará nin dará acceso doutro xeito a ficheiros que conteñan imaxes, fotografías, software ou outro material protexido por leis de dereitos de propiedade intelectual, como leis de dereitos de autor ou marca comercial (ou por dereitos de privacidade ou publicidade), a menos que teña a propiedade ou o control deses dereitos ou que recibise o consentimento necesario para facelo.
- Non usará material ou información, incluídas imaxes ou fotografías, aos que se dea acceso a través dos Servizos de calquera maneira que infrinxa un dereito de dereitos de autor, marca comercial, patente, secreto comercial ou outro dereito de calquera parte.
- Non cargará ficheiros que conteñan virus, troianos, vermes, bombas de tempo, programas de cancelación, ficheiros corruptos ou calquera software ou programa similar que poida danar o funcionamento do ordenador ou da propiedade doutra persoa.
- Non anunciará nin ofrecerá vender ou comprar bens ou servizos para ningún fin empresarial, a menos que os Servizos permitan esas mensaxes especificamente.
- Non descargará ningún ficheiro publicado por outro usuario dun Servizo que saiba (ou que poida saber razoablemente) que non se pode reproducir, mostrar, executar ou distribuír legalmente dese xeito.
- Non falsificará nin eliminará ningunha información de xestión de dereitos de autor, como atribucións de autoría, avisos legais ou outros avisos pertinentes ou designacións ou etiquetas de propiedade da orixe ou da fonte do software ou doutro material contido nun ficheiro que se cargou.
- Non restrinxirá ou impedirá que outro usuario empregue e goce dos Servizos.
- Non infrinxirá ningún código de conduta ou outras directrices que poidan ser de aplicación a un Servizo particular.
- Non recollerá ou recompilará doutro modo información sobre outras persoas, incluídos enderezos de correo electrónico.
- Non infrinxirá ningunha lei ou regulación aplicable.
- Non creará unha falsa identidade co fin de enganar a outras persoas.
- Non utilizará, descargará nin copiará doutra forma nin lle proporcionará (sexa a cambio dunha cota ou non) a unha persoa ou entidade un directorio de usuarios dos Servizos nin ningunha outra información sobre usuarios e usos ou parte da mesma.
Microsoft non ten a obriga de supervisar os Servizos. Sen embargo, Microsoft reserva o dereito de revisar os materiais publicados nos Servizos e de eliminar calquera deles á súa total discreción. Microsoft reserva o dereito a rescindirlle o acceso a calquera ou a todos os Servizos en calquera momento, sen aviso e polo motivo que sexa.
Microsoft reserva o dereito en todo momento a divulgar información que considere necesaria para satisfacer calquera lei, regulamento, proceso legal ou solicitude gobernamental aplicable ou a editar, negarse a publicar ou eliminar calquera información ou material, en todo ou en parte, á exclusiva discreción de Microsoft.
Teña sempre coidado cando facilite información persoalmente identificable sobre vostede ou os seus fillos en calquera Servizo. Microsoft non controla nin aproba o contido, as mensaxes nin a información que se atopa nos Servizos e, polo tanto, renuncia expresamente a calquera responsabilidade respecto aos Servizos e ás accións resultantes da súa participación neles. Os administradores e os anfitrións non son portavoces autorizados de Microsoft e as súas opinións non teñen por que reflectir as de Microsoft.
Os materiais cargados nos Servizos poden estar suxeitos a limitacións publicadas en termos de uso, reprodución ou difusión. Vostede é o responsable de respectar esas limitacións se descarga os materiais.
É posible que os vídeos e libros electrónicos estean só dispoñibles en inglés. Se preme nas ligazóns, pode que se lle redirixa a un sitio dos EE. UU. cuxo contido estea só en inglés.
Microsoft non reclama a propiedade dos materiais que lle proporcione (incluídos os comentarios e as suxestións) ou publique, forneza ou envíe a ningún Servizo ou aos servizos asociados para que os revise o público xeral ou os membros de calquera comunidade pública ou privada (cada un deles, un «Envío» e, en conxunto, os «Envíos»). Sen embargo, ao publicar, cargar, fornecer, proporcionar ou enviar («Publicar») o seu Envío, concédelle a Microsoft, ás súas empresas afiliadas e aos sublicenciatarios pertinentes permiso para empregar o seu Envío en relación coa operación dos seus negocios de internet (incluídos, a título enunciativo, todos os Servizos de Microsoft), como os dereitos de licenza para: copiar, distribuír, transmitir, mostrar e facer funcionar publicamente, reproducir, editar, traducir e volver formatear o seu Envío; para publicar o seu nome en relación co Envío e para sublicenciar calquera dereito a calquera provedor dos Servizos.
Non se pagará compensación algunha con respecto ao uso dos seus Envíos, tal e como se establece na presente. Microsoft non ten ningunha obriga de expoñer ou utilizar os Envíos que vostede forneza e Microsoft pode retirar calquera Envío, en calquera momento, segundo o seu criterio.
Ao Publicar un Envío, garante e declara que posúe ou controla doutra forma todos os dereitos do mesmo, tal e como se describe nestes Termos de uso, incluídos, a título enunciativo, todos os dereitos necesarios para fornecer, publicar, cargar, proporcionar ou enviar os Envíos.
Ademais da garantía e declaración que figura máis arriba, ao Publicar un Envío que conteña imaxes, fotografías, debuxos ou que sexa gráfico doutra forma, en todo ou en parte («Imaxes»), garante e declara que (a) é o titular dos dereitos de autor desas Imaxes ou que o titular dos devanditos dereitos lle concedeu permiso para empregar as Imaxes ou calquera contido ou imaxes que figuren nelas, de conformidade coa maneira e o propósito do seu uso e de calquera outra maneira permitida por estes Termos de uso e polos Servizos; (b) que ten os dereitos necesarios para conceder as licenzas e sublicenzas descritas nestes Termos de uso; e que (c) cada persoa representada nas Imaxes, de ser así, proporcionou o seu consentimento para o uso das Imaxes tal e como se establece nestes Termos de uso, incluídas, a modo de exemplo e a título enunciativo, a exposición e a reprodución públicas desas Imaxes. Ao Publicar Imaxes, concédelle (a) a todos os membros da súa comunidade privada (respecto a cada Imaxe dispoñible para membros desa comunidade privada) ou (b) ao público xeral (para cada Imaxe dispoñible en calquera parte dos Servizos que non sexa unha comunidade privada) permiso para empregar as súas Imaxes en relación co uso, tal e como permiten estes Termos de uso, de calquera dos Servizos (inclusive, a modo de exemplo e a título non enunciativo, para facer impresións e regalar artigos que inclúan esas Imaxes), incluída unha licenza non exclusiva, universal e libre de dereitos para: copiar, distribuír, transmitir, mostrar e facer funcionar publicamente, reproducir, editar, traducir e volver formatear as súas Imaxes sen que o seu nome estea vinculado a estas, e o dereito a sublicenciar eses dereitos a calquera provedor dos Servizos. As licenzas concedidas nos apartados anteriores respecto á Imaxes terminarán no momento en que elimine ao completo as Imaxes en cuestión dos Servizos, sempre e cando esta terminación non afecte a ningunha licenza outorgada en relación coas devanditas imaxes antes do momento no que as eliminou por completo. Non se pagará compensación algunha con respecto ao uso das súas imaxes.
En virtude do Código de Estados Unidos, Título 17, Sección 512(c)(2), as notificacións dunha suposta infracción de dereitos de autor deberán remitirse ao axente designado do provedor de servizos. AS CONSULTAS NON RELEVANTES PARA O PROCEDEMENTO NON OBTERÁN RESPOSTA. Consultar Avisos e procedemento para realizar reclamacións por infracción de dereitos de autor.
É POSIBLE QUE AS LIGAZÓNS QUE FIGURAN NESTE SERVIZO O LEVEN FÓRA DO SITIO DE MICROSOFT. OS SITIOS VINCULADOS NON ESTÁN BAIXO O CONTROL DE MICROSOFT E MICROSOFT NON É RESPONSABLE DO CONTIDO DE NINGÚN SITIO VINCULADO NIN DE NINGUNHA LIGAZÓN CONTIDA NUN SITIO VINCULADO, ASÍ COMO DOS CAMBIOS OU ACTUALIZACIÓNS DESTES SITIOS. MICROSOFT NON É RESPONSABLE DA TRANSMISIÓN VÍA WEB NIN DE NINGUNHA OUTRA FORMA DE TRANSMISIÓN RECIBIDA DESDE UN SITIO VINCULADO. MICROSOFT FORNÉCELLE ESTAS LIGAZÓNS SÓ POR COMODIDADE E A INCLUSIÓN DUNHA LIGAZÓN NON IMPLICA A APROBACIÓN DO SITIO POR PARTE DE MICROSOFT.
NIN MICROSOFT NIN NINGÚN DOS SEUS EMPREGADOS ACEPTAN NIN CONSIDERAN IDEAS, INCLUÍDAS IDEAS SOBRE NOVAS CAMPAÑAS DE PUBLICIDADE, NOVAS PROMOCIÓNS, NOVOS PRODUTOS OU NOVAS TECNOLOXÍAS, PROCESOS, MATERIAIS, PLANS DE MÁRKETING OU NOMES DE NOVOS PRODUTOS. NON ENVÍE NINGUNHA OBRA CREATIVA ORIXINAL NIN MODELOS, DEMOSTRACIÓNS OU OUTRAS OBRAS. O ÚNICO PROPÓSITO DESTA POLÍTICA É EVITAR POSIBLES MALENTENDIDOS OU DISPUTAS CANDO OS PRODUTOS OU AS ESTRATEXIAS DE MÁRKETING DE MICROSOFT POIDAN PARECER SEMELLANTES ÁS IDEAS ENVIADAS A MICROSOFT. POR TANTO, NON ENVÍE IDEAS NON SOLICITADAS A MICROSOFT NIN A NINGUÉN DE MICROSOFT. SE, A PESAR DA NOSA PETICIÓN DE QUE NON NOS ENVÍE AS SÚAS IDEAS E OS SEUS MATERIAIS, AÍNDA ASÍ, OS ENVÍA, TEÑA EN CONTA QUE MICROSOFT NON GARANTE QUE AS SÚAS IDEAS E OS SEUS MATERIAIS SE TRATARÁN COMO CONFIDENCIAIS OU PROPIOS.
Agás se está expresamente previsto en virtude destes TDU, Microsoft non lle outorga unha licenza nin outros dereitos de ningún tipo en relación con patentes, coñecementos, dereitos de autor, segredos comerciais, marcas comerciais ou outra propiedade intelectual posuída ou controlada por Microsoft ou por calquera entidade relacionada, incluídos, a título enunciativo, nome, imaxe empresarial, logotipo ou equivalentes. Se lle fornece a Microsoft calquera idea, proposta, suxestión ou comentario, como ideas para os Servizos, novos produtos, tecnoloxías, promocións, nomes de produtos, comentarios sobre produtos e melloras de produtos («Comentarios»), outórgalle a Microsoft, sen cargos, dereitos de autor ou outras obrigas para con vostede, o dereito a realizar, facer que se realicen, crear obras derivadas, empregar, compartir e comercializar os seus Comentarios de calquera forma e para calquera propósito. Non proporcionará Comentarios que estean suxeitos a unha licenza que requira que Microsoft licencie o seu software, as súas tecnoloxías ou a súa documentación a un terceiro porque Microsoft incluíu os seus Comentarios neles.